Nos concertos de SON&MAR os pagos fanse con pulseira cashless. Se remataches a festa con saldo sen gastar, podes pedir a devolución online. Escolle o concerto da Coruña ao que fuches.
Na Coruña hai un enlace de devolución por concerto. Solicita a devolución no do evento no que recargaches a pulseira.
Iremos engadindo aquí o enlace de cada concerto da Coruña cando remate. Se o teu aínda non aparece, escríbenos a hola@sonemar.gal.
Se non lembras en que concerto recargaches, revisa o correo de confirmación da recarga: nel indícase o evento.
Necesitarás o número de identificación da pulseira ou tarxeta cashless coa que pagaches no recinto, xunto co correo electrónico que usaches para recargar.
Accede desde esta páxina ao formulario oficial e escolle o concerto ao que fuches. Identifícate e revisa o saldo dispoñible.
Introduce os teus datos bancarios e confirma a solicitude. Recibirás o importe na conta indicada nos prazos que sinala a propia plataforma de devolución.