Ven 4 set
6 grandes citas á beira do mar no peirao de transatlánticos do porto de Vigo. Cada unha con identidade propia e un estilo musical distinto, da nostalxia dos clásicos á música de raíz galega.
O tardeo da túa vida. Unha invitación a volver sentir a maxia das pistas de baile que marcaron unha época, coa música disco e dance como grandes protagonistas. Sobre o escenario, Safri Duo, Rebeca e Sonia Madoc.
Unha homenaxe a unha década clave na historia recente da música pop e rock en España. Volven encontrarse co seu público Amistades Peligrosas, Cómplices, Rafa Sánchez de "La Unión" e Tam Tam Go para reviviren os grandes himnos dos 90.
O gran punto de encontro universitario do ciclo. Un concerto que conecta os campus galegos nun mesmo espazo, cunha mirada contemporánea que une as tendencias musicais actuais e os novos sons. Música, enerxía e ambiente xuvenil como verdadeiros protagonistas.
A voz dunha nova xeración galega: creativa, diversa e plenamente conectada coa música urbana. Rap, trap e reguetón alternativo no peirao de transatlánticos do porto de Vigo. Máis que un concerto, un movemento cultural. Consigue a túa entrada.
Recupera o espírito creativo dos anos 80 e 90 con algunhas das bandas que converteron a Vigo nun epicentro musical de referencia: Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned at Pompeii.
A gran cita da música de raíz galega do ciclo. Tradición, identidade e novas miradas danse a man con Budiño, De Ninghures, Ortiga e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre fronte ao mar.
O cartel e os horarios poden sufrir cambios alleos á organización.