Ven 4 set
Citas á beira do mar nos portos de Vigo e A Coruña. Cada unha con identidade propia e un estilo musical distinto, da nostalxia dos clásicos á música de raíz galega.
Vigo · 4 ao 13 de setembro
A Coruña · 18 set – 11 out
O tardeo da túa vida. Unha invitación a volver sentir a maxia das pistas de baile que marcaron unha época, coa música disco e dance como grandes protagonistas. Sobre o escenario, Safri Duo, Rebeca e Sonia Madoc.
Unha homenaxe a unha década clave na historia recente da música pop e rock en España. Volven encontrarse co seu público Amistades Peligrosas, Cómplices, Rafa Sánchez de "La Unión" e Tam Tam Go para reviviren os grandes himnos dos 90.
O gran punto de encontro universitario do ciclo. Un concerto que conecta os campus galegos nun mesmo espazo, cunha mirada contemporánea que une as tendencias musicais actuais e os novos sons. Música, enerxía e ambiente xuvenil como verdadeiros protagonistas.
A voz dunha nova xeración galega: creativa, diversa e plenamente conectada coa música urbana. Rap, trap e reguetón alternativo no peirao de transatlánticos do porto de Vigo. Máis que un concerto, un movemento cultural. Consigue a túa entrada.
Recupera o espírito creativo dos anos 80 e 90 con algunhas das bandas que converteron a Vigo nun epicentro musical de referencia: Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned at Pompeii.
A gran cita da música de raíz galega do ciclo. Tradición, identidade e novas miradas danse a man con Budiño, De Ninghures, Ortiga e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre fronte ao mar.
O DJ e produtor italiano Gabry Ponte, referente do dance europeo desde os tempos de Eiffel 65 ata os seus éxitos actuais, abre o ciclo na Coruña cunha noite de electrónica á beira do mar no porto da Coruña. Compra a túa entrada.
Os temazos dos 90 e dos 2000 volven ter a súa festa. Un gran tardeo no porto da Coruña para cantar e bailar os himnos dunha xeración, á beira do mar e en pleno corazón da cidade. Compra a túa entrada en picapop.es.
O porto da Coruña convértese nun gran parque de xogo para todas as idades. Mundo Juego enche o peirao de xogos xigantes, actividades e os personaxes favoritos dos máis pequenos, con El Pollo Pepe y sus amigos. Unha xornada continua de 11:00 a 21:00, de entrada libre ata completar aforo: o plan en familia do ciclo á beira do mar.
A gran cita electrónica do ciclo na Coruña. Mestiza presenta Sacro Galicia no Muelle de Batería do porto da Coruña, da man de Wake Up! Electronic Parties: unha noite de sons electrónicos fronte ao Atlántico, de 19:00 a 02:00. Compra a túa entrada.
A gran festa urbana Dale Flow chega ao porto da Coruña con Omar Montes como cabeza de cartel. O artista madrileño, un dos nomes máis escoitados da música urbana en España, trae os seus éxitos de reggaeton, trap e flamenco urbano a unha noite de festa á beira do mar. Compra a túa entrada.
A música de raíz galega tamén chega ao porto da Coruña. Tradición, identidade e novas miradas danse a man con Baiuca, Budiño, Catuxa Salom e Guilherme Zapata, coa Torre de Hércules como testemuña.
«A festa máis linda do mundo» aterra no ciclo. Bresh, o fenómeno nacido en Bos Aires que xa enche recintos en toda España e Latinoamérica, presenta unha edición XXL no porto da Coruña by Bacardí & Cola: oito horas de festa, de 18:00 a 02:00, con reggaeton, pop, cumbia e todos os himnos para cantar e bailar sen parar. Compra a túa entrada.
O festival dance das décadas dos 90, 2000 e 2020 chega ao ciclo na Coruña cunha edición tardeo á beira do mar. O mellor de sempre con Safri Duo, ItaloBrothers e Lasgo no porto da Coruña. Compra a túa entrada.
O cartel e os horarios poden sufrir cambios alleos á organización.